03 abril 2018

EXTRAESCOLARES ETRAD. Presentación da publicación de Cristian Silva “Manual Ególatra básico. 20 pezas para gaita galega (+1)”. Mércores, 4 de Abril de 2018. 20:30h. Auditorio Milladoiro. Entrada de balde até completar aforamento (100)



Esta tarde de mércores teremos a visita de Cristian Silva, músico sobradamente coñecido no mundo da música tradicional, que presentaráa súa publicación “Manual Ególatra básico. 20 pezas para gaita galega (+1)“, compostas e gravadas polo propio gaiteiro carrilexo. Ton e Son Editorial dalle forma a esta publicación en formato libro/CD, terceira da colección. Están incluídas as transcricións das pezas para dúo, trío de gaitas e solista. Moitas delas inclúen os cifrados para seren acompañadas con outro tipo de instrumentación.
No CD podemos atopar unha selección de 5 temas, dos 20 (+1) que presenta o libro, gravados íntegramente por Cristian Silva.
Para máis info www.toneson.com
Mércores, 4 de Abril de 2018
20:30h
Auditorio Milladoiro

Libre e gratuíto até completar aforamento (100)

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego