02 setembro 2018

Preinscrición ETRAD. Curso 2018/2019. Últimos días. Do 3 ao 7 de setembro. Acordeón diatónico. Arpa céltica. Canto Popular. Corda pulsada. Gaita. Percusión tradicional. Requinta. Violín. Zanfona. Aulas abertas de instrumento. Música e movemento.

PREINSCRICIÓN

1.2. . Música e movemento. Itinerario Básico e Aulas Abertas (Forgrup)
a) Por Internet: O período de preinscrición por Internet para o Itinerario Básico abrangue dende o 25 de xuño ata o 07 de setembro de 2018.
b) En persoa: A preinscrición en persoa poderá facerse na secretaría da ETRAD, rúa García Barbón, 5, entre o 25 de xuño e o 31 de xullo e entre o 1 e o 7 de setembro de 2018 en horario de 11 a 14 horas.
Para facer efectiva a súa preinscrición os interesados cubrirán o formulario que atoparán na web www..emmavigo.org, no que obterán un número de rexistro, ou na secretaría, onde se lles proporcionará un resgardo da súa inscrición.
Poden inscribirse todas as persoas que o desexen e estean empadroadas en Vigo. Música e movemento de 4 a 7 anos. Itinerario básico desde os 8 anos cumpridos antes do 31 de decembro de 2018.


ADMISIÓN
2.2. Música e movemento. Itinerario Básico e Aulas Abertas
As preinscricións serán numeradas en orde de chegada. As listas de preinscritos serán publicadas na web da ETRAD e no taboleiro de anuncios, permanecendo expostas a partir do día 14 de setembro de 2018. Durante ese tempo se admitirán a trámite as reclamacións oportunas.

No suposto de que o número de solicitantes sexa superior ao número de prazas vacantes, o dia 18 de setembro de 2018 ás 12 horas farase un sorteo por cada unha das especialidades.

O Secretario levantará acta do resultado do sorteo, que será exposta no Taboleiro e na web da ETRAD.

Os listados do sorteo serán, a tódolos efectos, considerados, pola orde resultante, como listas de reserva para o caso de que, ao longo dos dous primeiros meses do curso, se producisen baixas no alumnado matriculado.
As listas de admitidos no sorteo serán publicadas o día 21 de setembro de 2018 e permanecerán expostas na web e no taboleiro.
2.3. Itinerarios Medio e Avanzado

O proceso de admisión de preinscricións no Itinerario Medio e Avanzado será o mesmo que o previsto para o Itinerario Básico así como os prazos respectivos. Non así o modelo de formulario, que será específico. 

As listas de preinscritos serán publicadas na web da ETRAD e no taboleiro de anuncios, permanecendo expostas a partir do día 14 de setembro de 2018. 

Os aspirantes á matrícula no Itinerario Medio deberán someterse a unha proba que demostre a aptitude e o manexo básico do instrumento escollido durante unha entrevista co mestre da especialidade. En función do resultado da mesma, cada mestre decidirá ou rexeitará a admisión do aspirante. As entrevistas serán concertadas cos aspirantes para os días do 17 ao 20 de setembro de 2018. O día 21 de setembro de 2018 se publicarán as listas de admitidos para a formalización da matrícula. No caso no que o número de solicitantes que, a xuízo do mestre, podan resultar aptos para a matrícula sexa superior ás prazas convocadas, se confeccionará unha lista de espera.

As persoas que se consideren en condicións de ingresar directamente no Itinerario Avanzado e non tiveran cursado o Itinerario Medio na ETRAD, deberán presentar unha solicitude expresa na Secretaría da ETRAD entre o 01 e o 07 de setembro de 2018.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego