19 outubro 2018

EXTRAESCOLARES ETRAD 2018-19. Curso: introdución ao uso do bordón rítmico na zanfona. Anxo Pintos. Venres 9, 16 e 23 novembro de 2018. 16h – 19h.


Na ETRAD comenzamos a programar, os venres do ano escolar en curso, unha xeira de cursiños e monográficos pensados para complementar a formación, tanto do alumnado matriculado da escola, como dos músicos  interesados nos contidos dos mesmos. 

O primeiro destes cursiños de nove horas de duración, estará impartido polo mestre de zafona da ETRAD,  Anxo Pintos. Nel abordarase a aprendizaxe e execución co bordón rítmico dos golpes básicos, con exercicios progresivos para a súa posterior introdución nas melodías. 
Imprescindible zanfona con can.
Os venres do 9, 16 e 23 de novembro de 2018.
16h – 19h.
Aula 3. Ricardo Portela.
Número de prazas: 15.
Matrícula aberta ata: 9 de Novembro.
Créditos computables por horas na ETRAD: 9h.

25 euros. Gratuito para estudantes de medio e avanzado da ETRAD.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego