16 xaneiro 2019

GALAXIA ETRAD: A orquestra folk viguesa 'SonDeSeu' ofrecerá o concerto inaugural do Celtic Connections en Glasgow o 17 de xaneiro

A orquestra viguesa SonDeSeu, de música folk, será unha das grandes protagonistas do Celtic Conections, ao ofreceren o concerto inaugural o 17 de xaneiro de 2019, no Glasgow Royal Concert Hall.

O festival, considerado "o máis importante da cultura celta", permitirá á orquesta viguesa presentar o seu último traballo, 'Beiralúa'. É o quinto disco da orquestra, no que participan os compositores e arranxistas habituais -- Rodrigo Romaní, Xaquín Xesteira, Anxo Pintos e Xosé Liz--, así como Xosé Lois Romero, Pedro Lamas e Quico Comesaña, entre outros.

No festival, a orquestra viguesa compartirá o escenario con outros grupos e artistas galegos, así como con músicos escoceses e doutros países celtas. 


A HISTORIA DE SONDESEU
Dirixida por Rodrigo Romaní, a orquestra naceu en Vigo no 2001 no departamento de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo convertido hoxe na actual ETRAD, a Escola municipal de Vigo de música folk e tradicional. Son unha "das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea".

Segundo explican, o seu repertorio está formado por "temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia", no que utilizan gaitas, percusión, violíns, flautas, zanfonas e arpas, entre outros.

Co seu quinto disco, 'Beiralúa', pretenden "celebrar a vida plena dunha orquesta folk que foi quén de abriren un camiño novo na reelaboración da música tradicional oral galega".

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego