22/1/19

Concerto da OFG SonDeSeu. Cíes patrimonio da humanidade. Sábado 2 de febreiro ás 20:30h. no Auditorio Mar de Vigo. Artistas convidados: Rosa Cedrón, Vanesa Muela, Luis Peixoto, Xuacu Amieva, Toño Domínguez, Orfeón Treixadura, O Fiadeiro. LOCALIDADES AGOTADAS

A orquestra folk SondeSeu que dirixe Rodrigo Romaní, ofrece un concerto moi especial o vindeiro sábado 2 de febreiro no Auditorio Mar de Vigo dedicado á promoción das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade e organizado polo Concello de Vigo. Nel presentarán o seu quinto disco, ‘Beiralúa’, que saíu á rúa o pasado maio. Este novo traballo convida á danza colectiva, á colaboración de artistas e compositores na elaboración dun repertorio variado que recolle diversos enfoques na creación musical.

Neste concerto a
orquestra, ademais de presentar o seu quinto e último disco, ‘Beiralúa’, no que se inclúe "San Martiño", unha suite composta por dez temas, na que se celebra a candidatura das Illas Cíes a ser Patrimonio da Humanidade, terá como apartado importante do concerto unha selección de temas do seu espectáculo ‘Arraianos’ nos que participarán artistas convidados de excepción, como Rosa Cedrón, a castelá Vanesa Muela, o portugués Luis Peixoto, o asturiano Xuacu Amieva, ademais de Toño Domínguez, o Orfeón Treixadura e o grupo vigués O Fiadeiro.

LOCALIDADES AGOTADAS.

No hay comentarios:

VIGOFOLK

FolkenlaRed.com

Folque

A Regueifa Blog

EDUCAFOLK

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Noticias y Festivales en Tierrafolk.com

EL POZO DE STIRLING

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego

Escuela de Música Tradicional Llangréu