06 maio 2019

A OFG SonDeSeu e o director da ETRAD, Rodrigo Romaní, finalistas nos XVIII Premios Opinión de música de raíz. Teatro Rosalía de Castro. Mércores 8 de maio.

Na Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional (ETRAD), estamos contentos por partida tripla ao sabermos que o director da escola, Rodrigo Romaní, vén de ser nominado xunto a outros tres finalistas na categoría de mellor artista aos Premios Opinión de música de Raíz na súa XVIII edición. E tamén por ver a OFG SonDeSeu co seu último traballo, “Beiralúa” entre os artistas nominados a mellor disco. Xunto a isto, Quico Comesaña, co seu Ciclotimias, o tema que abre a escoita de “Beiralúa”, está nas nominacións a mellor tema original.

Teatro Rosalía de Castro (A Coruña) acollerá este mércores 8 de maio a décimo oitava gala de entrega dos XVIII Premios Opinión, galardóns organizados polo xornal La Opinión da Coruña (co apoio da Agadic) para os artistas e grupos galegos máis destacados dentro da música raíz. A cerimonia estará amenizada por Entre Trastes, Sisters In The House e Samarrúas. 
Parabéns a tod@s


Mellor artista
RODRIGO ROMANÍ
Nova aparición neste apartado do noiés. Xa gañou este galardón e volve aparecer grazas a un traballo construído con gusto, baseándose na súa querida arpa. 

Fundador de Milladoiro na década dos setenta e da orquestra folk SondeSeu no alborexar deste século. Rodrigo Romaní é un dos grandes referentes da música tradicional galega. Hai algúns anos, como resultado dun accidente doméstico, seccionouse un dedo da man dereita o que o obrigou a retirarse do ensino da arpa celta, instrumento do que foi gran recuperador xunto a Emilio Cao. Afortunadamente o multiinstrumentista noiés foi quen de desenvolver unha nova técnica de interpretación que lle permitiu seguir en activo. O seu último traballo chámase Fios de ouro no ar no que fai trío con Bea Martínez (arpa segunda) e Xulia Feixoo (percusión).
Mello disco
BEIRALÚA
Intérprete: SondeSeu
Hai un ano que SonDeSeu publicaba Beiralúa (2018), un convite sonoro á danza colectiva no «espazo onde se atopan os exploradores de rutas da imaxinación; nas marxes da lúa pódense intuír as peculiares (an)danzas destes seres». Esta quinta referencia busca a celebración da vida en 18 temas que pretenden «abrir un camiño novo na elaboración da música de tradición oral galega» con novas sonoridades. Para Beiralúa, a orquestra de folk contemporáneo contou coas composicións, arranxos ou interpretacións de grandes artistas da música galega como (XLR & AliboriaVaamonde, Lamas e Romero), Pedro LamasSusana SeivaneTreixaduraRosa Cedrón, Anxo Pintos (Berrogüetto), quen compuxo “San Martiño”, obra creada para a candidatura das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade, ou Quico Comesaña, autor destas “Ciclotimias”.
Videoclip OFG SonDeSeu. Suite San Martiño (Fragmentos)


 Mellor tema orixinal 
CICLOTIMIAS
Intérprete: SondeSeu
Esta coidada composición de Quico Comesaña para a orquestra folk galega conseguiu meterse entre as catro elixidas a mellar tema orixinal.
Videoclip Ciclotimias



Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego