24 xuño 2019

NOVAS ETRAD. Aberto o prazo de inscricións para novo alumnado en Instrumento e Aulas Abertas (Dende 8 anos) e Música e Movemento (Dende 4 anos). Do 24 de xuño ao 6 de setembro de 2019. Prazo de matriculación para continuación de estudos do 1 ao 12 de xullo de 2019.

Consulta toda a info sobre o plan de estudos, os mestres e a escola na nova páxina web da ETRAD: www.etradvigo.org

Prazos relativos a inscricións e matrículas para o curso 2019-2020.

1.- NOVOS ALUMNOS E AULAS ABERTAS

O vindeiro luns, 24 de xuño, ábrese o prazo de inscrición para:
  • As Aulas Abertas (Zanfona, Banda de Gaitas, Corda Pulsada e Requinta, Cantares Populares de Troula, Coro, Pandereteiras, Acordeón Diatónico, Arpa Céltica e Corda Frotada)
  • novo alumnado que desexe comezar en Música e Movemento ou nalgunha das especialidades da ETRAD, tanto no Nivel Básico como no Nivel Medio (Acordeón Diatónico. Arpa Céltica. Canto Popular. Corda Pulsada. Gaita. Percusión Tradicional. Requinta. Violín e Zanfona)
    • Nivel Básico: Curso de Introdución ao Instrumento en Acordeón Diatónico, Arpa Céltica e Violín Folk e 1º curso nas restantes especialidades
    • Nivel Medio: 1º curso en todas as especialidades
As inscricións poden tramitarse na páxina emmavigo.org ou ben en Secretaría.

prazo de inscrición abrangue desde o 24 de xuño ata o 6 de setembro, ambos inclusive. 


2.- CONTINUACIÓN DE ESTUDOS

Por outra banda, o alumnado que estivera matriculado durante este curso e desexe continuar estudos na ETRAD deberá formalizar a matrícula entre o 1 e o 12 de xullo. 

Para o vindeiro curso irán unidos o pago da matrícula e a formalización da mesma, de xeito que xunto co impreso de matrícula os alumnos deberán presentar a folla de pago das taxas de matrícula ou o resgardo de solicitude para quedar exento deste pago. A folla de pago de matrícula poderase descargar desde emmavigo.org, aínda que tamén pode solicitarse en Secretaría. Unha vez feito o pago (a traves de Internet ou nunha sucursal bancaria), a matrícula deberá formalizarse na Escola de xeito presencial.

Na R/García Barbón nº5. co tel.: 986225228 tedes a secretaría da escola con estes horarios:
   - Mes de xuño: de 11 a 14 e de 17 a 20 hrs.
   - Mes de xullo: de 11 a 14 hrs.
   - Mes de setembro: de 11 a 14 hrs.

Durante o mes de agosto a Escola permanecerá pechada.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego