30 setembro 2019

Mestres da ETRAD. Un verán en crónica musical

A piques de comezar o curso na ETRAD, botamos a vista cara ao verán para descobrir que os nosos mestres tiveron tempo para estar enguedellados nunhas cantas aventuras musicais tanto dentro como fora da Galiza. Facemos un pequeño balance comezando polo mestre de violín folk Alfonso Franco,  patrón un ano máis (e xa van 8) do San Simón Fiddle, un campamento infantil e xuvenil que non parou de medrar ata chegar a superar a centena de participantes, convertido xa nunha referencia europea na sea modalidade. En xullo viaxou á Illa de Skye para formar parte dos profesores do Fiddle Camp que organiza na illa o prestixioso violinista escocés Alasdair Fraser.

Mentres Rodrigo Romaní, o director da ETRAD e da OFG SonDeSeu, dirixía unha nova edición do Noia Harp Fest, un festival coa arpa como leit motiv, punto de encontro internacional para os mellores intérpretes deste instrumento nun festival que completa a súa oferta de concertos con obradoiros e clases maxistrais. Amáis  deste proxecto, Rodrigo estivo a xiraren co seu trío presentando o seu último traballo discográfico “Fíos de ouro no ar”.

Tres dos nosos mestres Begoña Riobó, Xosé Liz e Xisco Feijoo, viaxaron a California para participar como profesores no Valley of the Moon Fiddle Camp, centrado nesta edición na música galega. Ao longo do verán, Xisco Feijoo estivo a presentar o trío que leva o seu nome e xirando co espectáculo de danza de Fran Sieira “Entresoños”, ademáis dos diversos concertos coa formación de Pepe Vaamonde Grupo, participo no concerto de presentación do CD de Xosé Liz "O Cantar dos Frautares", na xira "As Cantigas de Elena", e como artista convidado no espectáculo de presentación da Feria Franca de Pontevedra "Ás Portas do Lérez". Pola súa banda Xosé Liz foi profesor de frauta traversa no Crisol de Cuerda e ofreceu concertos de presentación do seu CD “O cantar dos frautares” co seu cuarteto así como tamén estivo a presentar o primeiro e novo traballo Arxe e traballando no novo disco de Entretrastes que se chamará "Umami". Cola borou en "Samahín", o novo CD de Brighantya, e foi productor artístico e responsable da gravación do CD "Terras irmáns" de Airiños do mar de Teis. Begoña Riobó ademáis de California estivo en Burgos participando no Crisol de Cuerda e vén de principar camiño nun dúo martillado con Anxo Pintos chamado PÄRBO, co que xa tivo ocasión de estrear repertorio na Conferencia Mundial do Atún e nun concerto para a  Universidade de Vigo.

Pola súa banda Carlos Quintá pasou o verán tocando nas compañías de teatro Paporubio, Seis dedos e Fantoches Baj, así como co dúo Oradaladou que partilla con Sonsoles Penadique. Mentres, Xela Conde seguiu coa sua actividade de coaching persoal, tocou cos seus compañeiros do grupo Eikasía e foi impartir aulas de canto e pandeireta e dúas master class de técnica vocal e análise, clasificación e contextualización de repertorio de canto ao Centro Galicia de Buenos Aires. Chuco Estévez percutou os palcos con Meiró, Arraial e Os Terribles de Donas entre outras formacións.

Anxo Pintos viaxou a Changsha (China), convidado polo virtuoso do Sheng, Wu Tong, onde participou na gala final de The Chinese Bridge, un concurso para os mellores estudiantes de chinés do mundo do Instituto Confucio (equivalente ao Instituto Cervantes)…o que máis palcos visitou foi Xaquín Xesteira formando parte do xa lendario grupo Treixadura, enchendo prazas como as de María Pita nas festa da Coruña. Sen duda a formación máis reclamada do panorama folk galego nas festas populares do pais …

… E como non, SonDeSeu. A orquestra que na ETRAD consideramos como propia, que cos concertos en Galicia e fora dela, desde as festas de Vigo ata o festival Folk de Plasencia, deixou pegada sonora do traballo da escola no estío do 2019.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego