25 setembro 2019

Novas GZ. VII edición das Xornadas arredor da Música Tradicional. 28 de setembro. Casa da Gaita, Viascón (Pontevedra). Organiza AGG.

O vindeiro 28 de setembro, a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza a que será a VII edición das Xornadas arredor da Música Tradicional que se celebrarán na Casa da Gaita, Viascón (Pontevedra).
Esta cita está destinada, non só a todas aquelas persoas que traballan no entorno da música tradicional, senon tamén a todo aquel que queira saber máis tanto das nosas tradicións, como das de outros lugares, xa que ao igual que nas pasadas edicións, amosaranse outras formas da cultura tradicional, favorecendo deste xeito a que sexa un punto de encontro para profundizar e incidir na importancia que teñen os traballos de investigación realizados neste campo para poder coñecer, afondar e transmitir as tradicións.
Pretendemos a través desta actividade fomentar este tipo de encontros, que consideramos imprescindibles, tanto para a xente implicada na música tradicional, como para o resto da poboación, xa que se amosa a riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que se pode participar de xeito activo nas diversas ponencias, contribuindo e potenciando deste xeito a divulgación da cultura e a súa conservación.
Estas xornadas que están patrocinadas pola Secretaría Xeral de Cultura, son xa unha cita anual imprescindible para tod@s @s amantes do baile tradicional.
Entrada de balde, previa reserva de praza a través do teléfono 986 847 074 ou enviando un correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.gal
PROGRAMA
10.15 – Apertura e entrega de documentación
10.30 – Relatorio I - Demostración
“O pandeiro de paos”. María Vidal e Xermán Muíños
11.20 Quenda de preguntas
11.30 – Relatorio II
“Florencio, o Cego dos Vilares. Aproximación ao estilo interpretativo a través da análise ”. Felipe Rodicio
12.20 Quenda de preguntas
12.30 - Descanso
12.50 - Presentacións de publicacións
12.50: “Entre Fusco e Lusco” de Rafa Crespo e “Colleita Propia” de Pablo F. Rial . Editorial Ton e Son
13.10: Presentación da colección Cámara Escura con Eutropio Rodríguez, “O danés curioso en Ordes” d@s autor@s Gustav Henningsen, Eutropio Rodríguez e Estívaliz Espinosa e “Os danzantes dos Reis” d@s autor@s Eutropio Rodríguez e Alba Cid. Editorial aCentral Folque.
13.30 – Xantar
16.30 – Relatorio III
“Anotacións encol do uso da trompa ou mosugitarra no País Vasco”. Juan Mari Beltrán
17.20 Quenda de preguntas
17.30 – Relatorio IV
“Pasado e presente do pito pastoril na Galicia”, dende o século XIX a actividade do IGAESPI, avances da investigación. Miguel Mosquera e Efraím Díaz
18.20 Quenda de preguntas
18.30 – Descanso
19.00 – Relatorio - Concerto V
“Os Trabazos de Castro Caldelas: actividade, aspectos biográficos, instrumentos de traballo, homenaxes e repertorio”. Alexandre Rodríguez.
19.50 Quenda de preguntas

Agardámoste o vindeiro día 28 na Casa da Gaita: Lugar de Quintán, 4 (Viascón - Cotobade).

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego