02 setembro 2019

Segue aberto o prazo de preinscrión para novo alumnado na ETRADVIGO ata o venres 6 de setembro.



Consulta toda a info sobre o plan de estudos, os mestres e a escola na nova páxina web da ETRAD: www.etradvigo.org

Prazos relativos a inscricións e matrículas para o curso 2019-2020.

1.- NOVOS ALUMNOS E AULAS ABERTAS

O vindeiro venres 6 de setembro remata o prazo de inscrición para:
  • As Aulas Abertas (Zanfona, Banda de Gaitas, Corda Pulsada e Requinta, Cantares Populares de Troula, Coro, Pandereteiras, Acordeón Diatónico, Arpa Céltica e Corda Frotada)
  • novo alumnado que desexe comezar en Música e Movemento ou nalgunha das especialidades da ETRAD, tanto no Nivel Básico como no Nivel Medio (Acordeón Diatónico. Arpa Céltica. Canto Popular. Corda Pulsada. Gaita. Percusión Tradicional. Requinta. Violín e Zanfona)
    • Nivel Básico: Curso de Introdución ao Instrumento en Acordeón Diatónico, Arpa Céltica e Violín Folk e 1º curso nas restantes especialidades
    • Nivel Medio: 1º curso en todas as especialidadAs inscricións poden tramitarse na páxina emmavigo.org ou ben en Secretaría.
Para o vindeiro curso irán unidos o pago da matrícula e a formalización da mesma, de xeito que xunto co impreso de matrícula os alumnos deberán presentar a folla de pago das taxas de matrícula ou o resgardo de solicitude para quedar exento deste pago. A folla de pago de matrícula poderase descargar desde emmavigo.org, aínda que tamén pode solicitarse en Secretaría. Unha vez feito o pago (a traves de Internet ou nunha sucursal bancaria), a matrícula deberá formalizarse na Escola de xeito presencial.

Na R/García Barbón nº5. co tel.: 986225228 tedes a secretaría da escola con estes horarios:
  - Do 2 ao 6 setembro: de 11 a 14 hrs.



Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego