29 outubro 2019

OFG SonDeSeu. Xira de outono. Centros culturais de Vigo. Derradeiro concerto. Xoves 31/10 ás 20.00h no C.C. de Beade

Logo de visitar os C.C. de Valadares, Bembrive e Matamá, a OFG SonDeSeu dirixida por Rodrigo Romaní, finaliza en Beade a súa xira de concertos de outono polos Centros Culturais da cidade baixo o patrocinio do Concello de Vigo .
O xoves 31 de outubro a partir das 20.00h., a orquestra nada na ETRAD, ofrecerá no centro cultural de Beade un concerto en formato acústico enchido en parte polo repertorio do seu último traballo, "Beiralúa", incluíndo tamén algúns dos temas máis destacados dos seus outros catro traballos discográficos. Será un bo xeito de celebrar o Día do Ensino. Agardámosvos!

OFG SonDeSeu. Xira de outono. Centros culturais de Vigo.


31/10/2019  ás 20.00h no C.C. de Beade

Entrada de balde ata completar aforamento

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego