19 decembro 2019

EXTRAESCOLARES ETRAD 2019-20. CURSO: OUTROS INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN PARA ACOMPAÑAR O CANTO: TIXOLA, LATA, BOTELLA, CUNCHAS E CASTAÑOLAS. XISCO FEIJÓO. VENRES 17, 24 DE XANEIRO DE 16H – 19H. VENRES 31, 20H. CONCERTO DIDÁCTICO.

Inda que a pandeireta é o instrumento máis habitual para acompañar ao canto, tamén, de maneira cotiá, empregábanse e empréganse outro tipo de obxectos para marcar o ritmo do baile. Este curso estará adicado precisamente a algúns deses instrumentos: tixola, lata, cunchas, botella de anís e castañolas. Como remate, Xisco Feijóo fará un Concerto Didáctico aberto para quen se queira achegar ao Auditorio Milladoiro.
Cada alumn@ deberá traer cadanseu instrumento a tanxer no curso.
Venres 17, 24 e 31 de xaneiro de 2020
Venres 17 e 24:16h – 19h
Venres 31: 20h. Concerto Didáctico no Auditorio Milladoiro. (Entrada libre e gratuíta para o concerto didáctico. 80 prazas)
Aula 5. Perfecto Feijóo.
Número de prazas: 20 (Entrada libre e gratuíta para o concerto didáctico. 80 prazas)
Créditos computables por horas na ETRAD:9h
25 euros. Gratuíto para estudantes de  medio.
Último día de matriculación: 17 de xaneiro

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego