O vindeiro domingo 27 de decembro de 2009, o profesor de gaita da e-Trad, Xaquín Xesteira, ofrecerá un concerto de música galega xunto coa banda de música do seu pobo. Este evento realízase dentro das actividades que durante o ano 2009 o Concello de Cambados programou na conmemoración dos 50 anos do pasamento do poeta cambadés Ramón Cabanillas, o Poeta da Raza.
Este concerto clausurará, precisamente, os actos adicados ao vate cambadés e terá lugar no Auditorio de Cambados A Xuventude ás 19:30 h.
PROGRAMA
Golada Luís Araque
Á nosa señora Virxe do Carme X. Carlos Rilo/Joan Bernat
Feiticeira J. Carracedo
Alborada Galega Pascual Veiga
O Casal de Caticovas Xaquín Xesteira
Muiñeira dos Pendellos Juán Lois Diéguez
Airiños Aires Gustavo Freire
Canto de Nadal Tradicional/Adap.: Xaquín Xesteira
O Rillachavos Xaquín Xesteira
Banda Galega F. Pérez Seara
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.