O martes 31 de Maio a e-Trad visitou o Colexio Alba dentro do ciclo divulgativo "Tocar é Sentir", organizado pola Concellería de Educación do Concello de Vigo. Foi a última das 24 visitas realizadas no presente ano escolar aos centros educativos da bisbarra viguesa e da que se beneficiaron máis de 1300 escolares entre alumnos de primaria e secundaria.
Logo do entusiasmo percibido, agardamos que neles prendera a mecha do gusto pola música tradicional e folk e velos pola escola nalgunha das 9 especialidades instrumentais que nela se imparten.
Queremos agradecer a boa acollida deste ciclo pola comunidade educativa da cidade e esperamos repetir este ciclo "Tocar é Sentir" o vindeiro ano académico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.