Non esquezades que o Venres 17 quedamos a partires das cinco na escola para decidir as coplas que imos cantar, darlle unha voltas todos xuntos e saír á rúa a festexar o Entroido. Traede instrumentos e se vindes de choqueiros, mellor!!
Podedes engadir máis coplas ate o Venres pola mañan, nas publicadas ata agora falta moito "escarnio e maldicir", así que a ver si vos poñedes un pouco máis "acedos", que estamos no Entroido...
Esta é unha actividade aberta a todos, sexan ou non da e-Trad.
Imos estar de pasarúas ate as tantas, así que si chegades máis tarde estaremos de foliada por Vigo adiante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.