O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano.
A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Visítanos en Instagram
▼
10 febreiro 2012
GALAXIA e-Trad. Riobó no Festival "Celtic Footprint" en Chichester (UK).
Begoña Riobó e Xose Liz, mestres da e-Trad de Arpa e Requinta actuarán este venres 10 de Febreiro na cidade inglesa de Chichester, no marco do Festival "Celtic Footprint".
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.