Visítanos en Instagram

13 marzo 2012

GALAXIA e-TRAD. O mestre de zanfona a Italia con Berrogüetto

Foto: Xosé Durán
O mestre de zanfona, Anxo Pintos viaxa a Italia esta semana  para ofrecer dous concertos co grupo Berrogüetto. O primeiro, o día 14 de Marzo na cidade de Pescara dentro do ciclo "etno music" no Auditorio Flaiano ás 21 horas. O seguinte concerto será en Florencia o xoves  15 dentro do festival que celebra o día de San Patricio. No Obi Hall sobre ás 21:45.
Se vos cadran preto, non os perdades. Será unha boa ocasión para disfrutar dos máis de quince anos de creación desta emblemática banda galega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.