
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Visítanos en Instagram
▼
02 abril 2012
POSTAS A DISPOSICIÓN DO PÚBLICO 150 INVITACIÓNS MÁIS PARA O CONCERTO ENFO
O vindeiro Sábado 7 de Abril, as persoas que quedaron sen invitacións para asistir ao concerto que terá lugar no auditorio "Mar de Vigo", e no que participarán as tres orquestras integrantes da ENFO (Rede Europea de Orquestras Folk), terán unha última oportunidade de obtelas. O Concello de Vigo distribuirá 150 entradas máis dende dúas horas antes do comezo do concerto no despacho de billetes do Auditorio. Entregaránse un máximo de dúas invitacións por persoa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.