Extraescolares ETRAD. Curso teórico- práctico sobre a musicalización de películas de cine mudo a cargo do mestre da ETRAD Alfonso Franco.
Venres: 27 de abril, 4 e 11 de Maio
15 prazas
Salón de Actos da ETRAD
Inscrición na oficina da ETRAD
Musicalizar un película de cine mudo
é moito máis que interpretar unha secuencia de melodías ao tempo que
discurre a mesma. Os instrumentos teñen que dar vida a unas imaxes que
precisan dun apoio sonoro para transmitiren a súa mensaxe
Neste
cursiño imos traballar os distintos recursos musicais dende o punto de
vista da súa capacidade para crear emocións. Musicalizar unha película de
cine mudo non só supón a
mera interpretación dunha serie de obras musicais. Os músicos teñen que
saber escoller melodías axeitadas ao clima de cada escena, pero tamén
acompañar con todos os recursos do seu instrumento as accións dos actores
en cada plano, rescatándoos do escravizante silencio do cine dos anos 20.
Durante as tres xornadas do cursiño prepararemos unha película que
nunha xornada posterior será proxectada e musicalizada ao vivo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.