O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano.
A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Visítanos en Instagram
▼
03 xullo 2012
A Orquestra Folk SondeSeu en Vigo o vindeiro domingo 8 de Xullo.
SondeSeu porá o colofón á Festa da Cultura 2012 que organiza a Agrupación de Centros Culturais e Deportivos de Vigo. Será na Porta do Sol ás 22.00 hs. Máis información aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.