O pasado 7 de setembro finalizou o prazo para preinscribirse nas nove especialidades instrumentais da ETRAD. Como ven sucedendo desde o seu nacemento, este ano aumentou significativamente a demanda de prazas para estudiar na escola chegando á cifra de 326 persoas preinscritas so para o 1º curso.
En todas aquelas especialidades do nivel básico no que a demanda supere a oferta, as prazas para entrar no 1º curso, quedarán sometidas a sorteo. Celebrarase o mércores 12 de setembro ás 12 da mañá na escola.
Para os estudiantes que aspiren a entraren no nivel medio, a selección farase mediante proba práctica cos mestres. Recibiredes unha notificación co día, hora e lugar na que se ha celebrar.
As listas definitivas de admitidos, publicaranse o venres 14 de setembro no taboleiro da escola e máis neste blog.
Se queredes consultar as listas de preinscritos, podédelo facer abrindo este enlace: Listado preinscritos ETRAD 2012-13
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.