Dentro das actividades extraescolares da ETRAD, prográmase este cursiño dunha sesión de tres horas impartida polo mestre Anxo Pintos na que aprender técnicas e trucos que nos permitan lidiar coa práctica escénica e que nos axuden a controlarmos a ansiedade e a sensación de pánico.
Para iso, falaremos sobre o funcionamento do cerebro, os temperamentos, os biotipos, e traballaremos, mediante exercicios prácticos, técnicas de relaxación e control, para rematarmos cunha experiencia práctica sobre o escenario.
Venres 1 de Febreiro
ETRAD. Auditorio Milladoiro
16:00hs a 19:00hs
Número de prazas: 20
Matrícula ata o 25 de Xaneiro na secretaría da escola
Créditos computábeis por horas na ETRAD: 3 horas
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.