O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano.
A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Visítanos en Instagram
▼
27 abril 2015
Música na Escola. A ETRAD no IES Álvaro Cunqueiro. 28 de abril de 2015. 12:30hs
A ETRAD visita o IES Álvaro Cunqueiro dentro do programa: Música na Escola, da Concellería de Educación do Concello de Vigo. Será o 28 de abril de 2015 ás 12:30 hs.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.