
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Visítanos en Instagram
▼
14 xuño 2016
Concerto de fin de estudos. Laura López Crispín (Percusión). Úrsula Rial González (Requinta). Mércores 15 de xuño de 2016. Auditorio Milladoiro. 19:00hs. Entrada libre ata completar aforamento (100 persoas)
O vindeiro mércores 15 de xuño de 2016, terán lugar no Auditorio Milladoiro da ETRAD os concertos de fin de estudos de Laura López Crispín á percusión tradicional e o de Úrsula Rial González á requinta. Os concertos comezarán ás 19:00hs. A entrada libre ata completar o aforamento (limitado a 100 persoas)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.