Os mestres da ETRAD, Begoña Riobó (Arpa céltica, violín) e Anxo Pintos (Zanfona), teñen sido convidados por Cristina Pato a participar no Concerto de Nadal da Universidade de Vigo sobre as músicas do Vindel. Cada un deles encargarase do arranxo e recreación dunha das cantigas de Martín Códax que interpretarán xunto ao elenco de músicos elixido sola gaiteira Cristina Pato para esta ocasión. A banda estará formada pola creadora e directora do espectáculo, Cristina Pato, Wöyza, Ugía Pedreira, Pierrot Rougier e o coro da Mariña, Yago Vázquez, Miguel Cabana, Roberto Comesaña, Carlos Castro, o grupo Martín Códax e os mentados Begoña Riobó e Anxo Pintos.
Concerto de Nadal da Universidade de Vigo.
Cristina Pato. As músicas do Vindel.
Martes 19 de decembro.
Teatro Afundación. 20:30h
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.