O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano.
A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Visítanos en Instagram
▼
25 xullo 2018
CONVOCATORIA CURSO 2018-19. Preinscrición: Itinerarios Básico, Medio e Aulas Abertas. En liña (www.emmavigo.org): do 25 de xuño ao 7 de setembro de 2018. Presencial (na secretaría da ETRAD): do 25 de xuño ao 31 de xullo e do 1 ao 7 de setembro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.