O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano.
A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Visítanos en Instagram
▼
19 febreiro 2019
A OFG SONDESEU en concerto. Auditorio Municipal Alovi de As pontes. Sábado 23 de febreiro. 20h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.