Por mor das circunstancias excepcionais relacionadas coa alerta sanitaria orixinada polo COVID19, dende a Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional. ETRAD, seguiranse as disposicións e medidas preventivas postas en marcha dende o Concello de Vigo e as autoridades competentes en materia sanitaria.
En consecuencia, as clases suspenderanse e os espazos da Escola quedarán pechados ata novo aviso.
Lamentamos as molestias que esta situación poida ocasionar, tendo moi presente que se trata dunha decisión guiada pola prudencia e pola responsabilidade individual e colectiva. Estamos a preparar contidos e xeitos de manter parte da actividade vía e-learning. En breve teredes novas sobre como manter a actividade e o contacto co voso mestre a través do correo-e.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.