O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano.
A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Visítanos en Instagram
▼
14 marzo 2022
GALAXIA ETRAD. O Mestre Xisco Feijoó, xurado no 10º aniversario do Vigo Porté. 29ABR-1MAI/22
O mestre de Canto Popular será un dos xurados no Vigo Porté nesta 10ª edición. Este evento celebrarase no Auditorio Mar de Vigo os vindeiros 29 e 30 de abril e 1 de maio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.