O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano.
A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Visítanos en Instagram
▼
04 xuño 2022
EXTRAESCOLARES ETRAD 2021-22. AUDICIÓN AULA DE CANTO. HEMEROTECA DA EMAO. MARTES 14/XUÑO. 19:OOH.
O vindeiro martes 14 de xuño, a Aula de Canto co seu mestre Xisco Feijoó á fronte, celebra unha audición na hemeroteca da EMAO a partir das 19:00h. Para non perder!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.