Visítanos en Instagram

18 decembro 2022

EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2022/23. AUDICIÓN DE NADAL. MARTES 20/DEC. 18:00HS. AUDITORIO MUNICIPAL DE VIGO.



A ETRADVIGO celebra a súa Audición de Nadal no Auditorio Municipal de Vigo. Será o vindeiro martes 20 de decembro dende as 18:00hs. con entrada libre ata completar aforamento. 

O alumnado das especialidades instrumentais de Arpa Céltica, Acordeón Diatónico, Canto Popular, Corda Pulsada, Gaita, Percusión Tradicional, Requinta, Violín Folk e Zanfona, así como o dos Conxuntos e o das Aulas Abertas, convídanvos a asistires a unha mostra das músicas aprendidas e traballadas ao longo deste primeiro trimestre do curso. 

Seredes moi benvid@s!

AUDICIÓN DE NADAL DA ETRAD

MARTES 20/DEC. 

18:00HS. 

AUDITORIO MUNICIPAL DE VIGO. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.