Xornadas de Portas Abertas na ETRAD – 23 e 24 de xuño de 2025
A Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo (ETRAD) convida a nenos, nenas, mozos e mozas ata os cen anos, así como ás súas familias, a participar nas Xornadas de Portas Abertas, unha oportunidade única para descubrir e experimentar a nosa oferta educativa.
🧒 De 4 a 7 anos
Música e movemento
👧 A partir de 8 anos
Arpa céltica
Acordeón diatónico
Canto popular
Corda pulsada (guitarra e bouzouki)
Gaita
Percusión tradicional
Requinta
Violín folk
Zanfona
📍 Lugar: Auditorio Milladoiro da ETRAD
📅 Datas: 23 e 24 de xuño de 2025
🕔 Horarios:
17:00 h: Recepción e mostra dos instrumentos por parte do profesorado.
17:30 – 18:45 h: Proba libre de instrumentos co apoio do profesorado nas aulas.
19:00 h: Segunda quenda de recepción e mostra.
19:30 – 20:45 h: Segunda quenda de proba de instrumentos.
💡 Unha experiencia aberta e gratuíta para achegarse á música tradicional galega. Agardámoste!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.