O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano.
A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Visítanos en Instagram
▼
18 febreiro 2021
ETRAD 2020-21. Hoxe, xoves 18 FEB, voltamos ás aulas telemáticas.
Logo das vacacións do entroido, voltamos ás aulas telemáticas na ETRAD o xoves 18 e venres 19 de febreiro.
En breve, comunicarémosvos os cambios que traerá a modificación das actuais restricións que rexerán na escola a partir do vindeiro luns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.