O venres 06 de xuño celebramos unha nova edición do Baile das Anduriñas na escola. Teremos un palco aberto onde alumn@s e/ou músicos de fora da escola poderedes subir a tocar coa única premisa de que as pezas a interpretar sexan bailables (dá igual a procedencia: muiñeiras, xotas, xigas, reels, scottish, branles, bourrés, laridés ...)para que o resto d@s asistentes bailen. Contaremos coa colaboración da A.C Monteira con Suso Cancelas á frente. Os grupos musicais que queran participar teñen que comunicarllo ax mestrx da súa especialidade e na oficina se vens de fóra previamente.
Elixe parella (ou non) e salta ao torreiro!!!
Baile das anduriñas
Patio da Escola
Venres 06 de xuño
De 17 a 19hs.
Entrada libre e de balde ata completar aforamento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.