Visítanos en Instagram

02 xuño 2025

SINCOPÉS AO VIVO.. (GRUPO DE CONXUNTO II AVANZADO DA ETRAD) MÉRCORES 11/MAI. 20:30 HS. AUDITORIO MILLADOIRO. EXTRAESCOLARES ETRAD 2024-25. PROGRAMA TRADURBÁN.


Síncopes, o grupo de Conxunto II Avanzado da ETRAD ofrecerá proximamente o seu concerto na ETRAD. Será o vindeiro mércores 11 de xuño ás 20:30hs

Sobre Sincopés:

Sincopés é o resultado da colisión controlada entre cinco universos musicais que conflúen nos corredores da ETRAD. Nacido no Conxunto II Avanzado, este grupo dá forma a un repertorio que mestura tradición e innovación cunha enerxía vibrante e un pulso propio.
Integrado por Uxía Fernández Estévez (voz e percusión tradicional), Nuria Freiría (requinta), Carlos Pérez e Nino Rey (zanfonas), e Pablo Dosio (bouzouqui), Síncopés ofrece un universo sonoro no que conviven temas tradicionais con composicións propias, sempre cunha mirada fresca e unha escoita atenta á colectividade.

Sincopés aposta por arranxos coidados, enerxía escénica e moita complicidade entre os seus membros, buscando sempre ese punto de encontro entre o respecto polo pasado e a liberdade creativa do presente na que non faltan tampouco as incursións no repertorio de grandes clásicos que se aventuraron nos territorios da música bailable, reinterpretados aquí cun selo propio.

Sincopés é unha mostra destacada da nova fornada de músicos formados na ETRAD: comprometidos coa tradición, abertos á experimentación e cunha clara vontade de facer música con identidade.

 

Extraescolares ETRAD 2024-25. Programa Tradurbán.

Concerto de SINCOPÉS. (Grupo de Conxunto II Avanzado da ETRAD)

Mércores 11/MAI. 20:30 hs.

Auditorio Milladoiro

Entrada libre e de balde ata completar aforamento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.