O vindeiro xoves 12 de xuño terán lugar os concertos de fin de estudos dos alumnos da ETRAD que rematan a súa formación no centro. Sara López (Violín folk), Joel Lorenzo (Canto popular) e Javier Abad (Corda pulsada), ofrecerán cadanseu repertorio ideado e arranxado por el@s mesm@s, no que contarán cun importante número de colaborador@s. Será unha ocasión inmellorable e única de escoitar o brillante resultado do seu talento e destes nove anos de estudo na escola.
Agardámosvos!
CONCERTOS de FIN de ESTUDOS
Sara López (Violín folk),
Joel Lorenzo (Canto popular),
Xabier Abad (Corda pulsada)
XOVES 12/MAIO.
AUDITORIO MILLADOIRO (ETRAD)
18:30H
ENTRADA LIBRE E DE BALDE ATA COMPLETAR AFORAMENTO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.