Arquivo musical da peza "O Pasar por Lavadores" interpretada polos gaiteiros "Os Morenos de Lavadores".
Poderedes comprobar a "fidelidade" á hora de trasladar a ornamentación de gaita á zanfona e o voso dominio da transmisión oral coma ferramenta indispensable na aprendizaxe do repertorio da música tradicional.
Dirixida aos alumnos de cuarto curso da especialidade instrumental.
Preme aqui para escoitalo ou descargalo ao teu ordenador
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario