24/11/09

Ciclos Divulgativos. Visita do Colexio Quiñones de León


O martes 24 de Novembro, os mestres da e-Trad, dentro do programa de  concertos divulgativos, tocaron nesta ocasión para os alumnos do Colexio Quiñones de León. Dende a e-Trad, agradecémosvos a vosa implicación e participación no concerto e agardamos vervos por aqui o vindeiro curso escolar  a todos os que vos picou a curiosidade polos instrumentos que ofertamos na escola.

17/11/09

Festa de Presentación da Asociación de Músicos ao Vivo

A Asociación de Músicos ao Vivo celebra a súa presentación cunha festa a celebrar na Sala A Nasa de Santiago as 12:30h o vindeiro domingo 22 de Novembro. CLICA AQUÍ SE QUERES VER O CONTIDO DO COMUNICADO

Visita do IES San Fernando dentro do programa de Ciclos Divulgativos da e-Trad


Na e-Trad proseguimos cos concertos dentro do programa de ciclos divulgativos. Este martes 17 de novembro visitounos o IES San Fernando de Vigo no auditorio da e-Trad. Os alumnos puideron comprobar de primeira man as características e variedade da música e dos instrumentos que empregamos na escola. Algúns mesmo se animaron a probalos acompañados polos mestres da e-Trad, como ben se aprecia na foto. Cada martes do presente curso escolar, seguiremos a visitar cos nosos instrumentos os institutos da bisbarra viguesa

16/11/09

Un motivo para o debate, música folk, tradicional e dereitos de autor...

10/11/09

Convocada a inscrición no Obradoiro de Danzas e Músicas do Mundo. Prorrogado prazo de inscrición ao 25 Nov.


Para todos os interesados no mundo da danza e das Músicas do Mundo, estean ou non matriculados na e-Trad, abrimos este obradoiro dirixido por Suso Cancelas, dentro do programa de actividades extraescolares e organizado en colaboración coa Fundación Sondeseu. A cita terá lugar os venres 27 de Novembro e 4, 11 e 18 de Decembro no Salón de Actos do CENTRO MUNICIPAL DE FORMACION EN NNTT (CITIC) na rúa San Vicente, 3 (Esq. Méndez Núñez) de Vigo.
Para matricularse, hai que dirixirse á oficina da Fundación Sondeseu, os Luns, Mércores, Xoves e Venres, de 10 a 14 h. na rúa Colón, planta 3ª, oficina 11.  O prezo das catro sesións é de 20 €. Haberá un mínimo de 20 inscricións para poder celebralo. Máis información no Plano de Actividades Extraescolares, ou no teléfono da Fundación Sondeseu, 886138187.

09/11/09

"La enseñanza de la música tradicional vuelve a despegar" "La escuela e-Trad registra un inesperado aumento de alumnos en el ciclo profesional". A e-Trad na Voz de Galicia 9/11/2009

Comezaron os II Ciclos Divugativos para escolares 2009-10

Alumnas e alumnos da materia de Música do Colexio Padre Míguez - Calasancias, foron os primeiros en disfrutar o primeiro concerto didáctico da tempada 2009-10. Esta vez foi o propio colexio o que se desprazou ata o auditorio da e-Trad para escoitar e ver en directo ao grupo de mestres que prepararon un repertorio especialmente adaptado para un público esixente que non perdoa o aburrimento e quere participar do espectáculo. Segundo o comentado por eles mesmos, pasárono moi ben e aprezaron de primeira man as posibilidades artísticas e escénicas do folk e a música tradicional do noso país.

20/10/09

Comeza o Calendario de Actividades Extraescolares cun Obradoiro adicado á Trompa da Fonsagrada e impartido por Rodrigo Romaní



A trompa da Fonsagrada (ou guimbarda ou arpa de boca ou birimbao) centra un obradoiro de dous dias de duración (4 horas en total) a partir do 6 de Novembro. Consulta o calendario de Actividades Extraescolares nesta mesma páxina.

02/10/09

Somos xa 194 alumn@s !!!

Comezamos o curso. Este ano se matricularon na e-Trad 194 persoas, das que 82 cursan o itinerario profesional e o resto o básico. Ante o inesperado aumento de alumn@s no primeiro ciclo do itinerario profesional, tivemos que facer ampliación de espazos e profesores auxiliares. Estamos a preparar un post no que informamos dos mestres que actualmente imparten clases e cál é a súa cualificación. Para este curso preparamos un espectacular programa de actividades extraescolares, cursos de curta duración, concertos, etc. Seguimos cos concertos didácticos (ciclos divulgativos) nos IES de Vigo, e prepararemos un plan de control de calidade para acadar a norma ISO. Presentaremos nestes días un proxecto europeo de colaboración e intercambios coa Sibelius Academy (Helsinki) e a Grande Orchestra delle Alpi (Turín). Entraran pronto en actividade os blogs das distintas especialidades. Tamén haberá 2ª edición de As Músicas Inmigradas e moito máis. Permanece atento ás novas da e-Trad....

01/10/09

Ritmos e Xéneros da Música Tradicional

Programación e material para a proba do día 07/10/09

Actualidade Actividades Extraescolares

Actualidade dos Ciclos Divulgativos da e-Trad nos centros de educación da cidade

Pon aquí o teu anuncio de compra-venta ou aluguer de instrumentos e equipo