Buscar neste blog

10 novembro 2026

Curso: TIN WHISTLE. Xosé Liz. VENRES 20 / 27//NOV. AULA 5. 16:00-19:00h. EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2026-27

 Neste monográfico sobre o Tin Whistle impartido polo mestre Xosé Liz, abordaremos a descripción e contextualización xunto a audicións, técnica, trucos e repertorio deste instrumento irlandés. Aprenderanse varios temas incidindo na técnica a empregar e o estilo do instrumento.

Imprescindible instrumento COA AFINACIÓN EN DÓ.

CURSO. TIN WHISTLE.

XOSÉ LIZ.

VENRES 20/27//NOV.

AULA 5. 

16:00-19:00h.
Inscrición universal 
ata o 20 / NOV na 
secretaría da escola.
Prezo: 29,30 EUR.
Gratuíto para alumnado
de medio e avanzado.

08 novembro 2026

GALAXIA ETRAD 2026. O noso mestre de gaita, Xaquín Xesteira recibe o Premio Ramón Cabanillas 2026

 

O noso mestre de gaita e xefe de estudos, músico e compositor Xaquín Xesteira Losada recibiu este sábado 7/NOV 

o Premio Ramón Cabanillas, organizado por primeira vez en solitario polo Concello de Cambados na súa XXI edición.

O acto de entrega deste galargón tivo lugar nun acto no Auditorio da Xuventude, coa presenza e intervención de Francisco Fernández Rei e Rodrigo Romaní.

Tratouse dunha cita coa cultura, coa lingua e coa identidade galega para homenaxear a figura e o legado do ilustre poeta Ramón Cabanillas. Pero tamén para recoñecer e por en valor a traxectoria e contribución de Xesteira.

Nacido na vila do Albariño o 29 de agosto de 171 no seo dunha familia con tradición musical, Xesteira é unha referencia na música tradicional, tanto como profesor de gaita e percusión na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo como por ser un dos fundadores do grupo Treixadura ou ter participado como gaiteiro e percusionista, por exemplo, en concertos do grupo Milladoiro. Destacaron ldo homenaxeado que sempre estivo ligado a música e en actividades a prol da cultura galega, mais tamén coa vila de Cambados e co propio Premio Ramón Cabanillas.

A laudatio correu a cargo do noso ex-director, Rodrigo Romaní e non faltaron as actuacion musicais de  Os Faíscas de Solobeira, de Treixadura e o Coro de Cantigas e Agarimos e de Os Xesteira.


A comunidade educativa da ETRAD trasladámoslle a nosa admiración e máis sincera noraboa por este merecido galardón que recoñece a súa traxectoria e compromiso para coa nosa música tradicional e o seu instrumento maís senlleiro e representativo, a gaita.



01 novembro 2026

Na ETRAD celebramos o outono cun magosto!! Venres 13 de novembro de 17:00h a 19:00h. Patio da Escola.

 


Será o vindeiro venres 13 de novembro de 17:00h a 19:00h no que convertiremos o patio da escola nun palco aberto con pista de baile incluída e unha mesa de merendas.

Convidamos a toda comunidade da ETRAD e tamén á da EMAO a que vos sumedes á festa traendo instrumento, corpo para o baile e tamén por suposto, castañas previamente asadas, chulas, etc.

Para tocar no palco aberto, poñedevos en contacto coa secretaría da escola para entrar na listaxe.

Quedades todxs moi convidadxs!  

Seguro que non chove... imos cruzar os dedos. :)

 
Magosto da ETRAD.

Venres 13/NOV.

De 17 a 19:00h.

Patio da Escola.

Entrada libre e de balde ata completar capacidade

#OSTRINTADAETRAD

01 outubro 2026

Concerto inaugural. TORNASÓNS. Mestrxs da ETRAD. Xoves 08/OUT. 20:00h Auditorio Municipal de Vigo. Extraescolares ETRADVIGO 2026-27

 


Xs mestrxs da ETRAD queren darvos a benvida a un curso especialmente emotivo para a escola cun concerto que abre un ano de celebracións cando se cumplen trinta anos desta institución. Despois de ser parte da EMAO e máis tarde Escola Municipal de Música independente, pasando por diferentes denominacións ao longo do tempo, a ETRAD reivindícase como referente pioneiro do ensino de música tradicional e folk de Galicia, alumeando propostas tan importantes e senlleiras como a Orquestra Folk SonDeSeu, a creación da Rede Europea de Orquestras Folk e por seren berce de músicos e formacións que fan parte significada do presente musical de Vigo e do país.

Para abrir boca, o vindeiro xoves oito de outubro, ás vinte horas agardámosvos no Auditorio Municipal de Vigo para ofrecervos TORNASÓNS, un espectáculo audiovisual arredor das músicas de ida e volta, de melodías migrantes e viaxeiras que forman hoxe, todas elas, parte do noso ADN sonoro.

Vinde partillar cxs mestrxs da ETRAD este concerto que inaugura o curso no que festexaremos #ostrintadaetrad.

Non o perdades!

Concerto inaugural.

TORNASÓNS.

Mestrxs da ETRAD.

Xoves 08/OUT. 20:00h

Auditorio Municipal de Vigo.

Entrada libre e de balde ata completar capacidade

Extraescolares ETRADVIGO 2026-27

30 setembro 2026

A ETRAD abre o primeiro dos nove cursos de ampliación de estudos do curso 2026-2027: creación e produción musical/Creación dun proxecto folk na escena galega.


 A ETRAD abre o primeiro dos nove cursos de ampliación de estudos do curso 2026-2027: creación e produción musical/Creación dun proxecto folk na escena galega.

A ETRAD ofrece o primeiro dos nove cursos de ampliación de estudos que ten preparados para o curso 2026-2027. Da man dos mestres Anxo Pintos, Xosé Liz e Marina Carpente, en cinco sesións de tres horas achegarémonos a unha serie de contidos complementarios á formación musical.

Contidos

1. Creación musical e 2. Produción musical (9 horas, 3 sesións, con Anxo Pintos). Nestes dous módulos traballaranse:

Ferramentas de audio.
Produción: criterio sonoro, composición do ritmo e da harmonía e construción da estrutura.
Postprodución: edición, mestura e masterización.


3. Efectos aplicados aos instrumentos acústicos e á voz (3 horas, 1 sesión, con Xosé Liz): looper, delays, moduladores…

4. Creación dun proxecto folk na escena galega (3 horas, 1 sesión, con Marina Carpente).

Poñer en marcha un grupo folk require moito máis que xuntar músicos e preparar un repertorio. Este curso aborda todo o que queda fóra da práctica musical e que resulta fundamental para desenvolver un proxecto sólido e facelo medrar dentro da escena folk galega. Dende a formación do grupo ata a chegada aos escenarios, traballaremos os principais pasos e ferramentas para transformar unha proposta musical nun proxecto viable: a gravación e distribución da música, a creación de material audiovisual, a promoción en plataformas dixitais, a procura de concertos e a preparación do directo. Tamén coñeceremos como funciona a industria musical en Galicia por dentro, abordando cuestións esenciais como os dereitos musicais, a facturación, a contratación e outros aspectos administrativos que forman parte da actividade profesional dun grupo.

Información práctica

Datas: venres 9, 16, 23 e 30 de outubro e 6 de novembro
Horario: de 16:00 a 19:00 h
Lugar: Aula 5, ETRAD Vigo
Prezo: 29,30 € (gratuíto para o alumnado dos Itinerarios Medio e Avanzado da escola)
Requisito: é imprescindible levar instrumento, lapis, papel pautado e libreta
Inscricións: abertas na secretaría da escola ata o venres 9 de outubro
Dirixido a: alumnado da ETRAD e persoas interesadas non matriculadas na escola
Se queres formalizar a túa praza, achégate á secretaría da escola antes das 13:00h do 9 de outubro.

23 setembro 2026

ETRADVIGO 2026- 2027. LISTAXES DE ADMISIÓNS. NOVO ALUMNADO. AULAS ABERTAS.


 Tedes á vosa disposición as listaxes de admisións do alumnado de novo ingreso a cada itinerario e das Aulas Abertas para o curso 2026-2027 da ETRADVIGO


INFO de interese:

Unha vez que comprobedes que estades admitidxs, teredes que proceder ao pago da matrícula e/ou solicitude de exención de taxas, no seu caso.

Tedes os impresos correspondentes para a formalización da matrícula neste enlace: https://www.etradvigo.org/secretaria

PAGO DA MATRÍCULA

Unha vez na pasarela de pagos, será preciso introducir os datos persoais (nome e apelidos + dni) e sinalar o ciclo:

- Ciclo Básico: todo o alumnado de Nivel Básico

- Ciclo Medio: todo o alumnado admitido en 1º curso de Nivel Medio + alumnado de 1º do Nivel Avanzado

- Ciclo Medio-Avanzado: o alumnado do Curso de Especialización Escénica (Avanzado 3)    

- Aulas Abertas.

Deixámosvos o enlace á ordenanza municipal das taxas en vigor: Ordenanzas fiscais Concello de Vigo 2026-2027


Para a confirmación da matrícula, deberase presentar na secretaría da escola o xustificante do pago da matrícula ou ben copia da presentación da solicitude de exención de taxas, en modelo normalizado. (Dispoñible en emmavigo.org)

Tedes toda a informacion sobre o curso 2026-2027 aquí: ETRADVIGO CURSO 2026-2027

• Matrícula: do 24 ao 30 de setembro.

• Solicitude de exención de taxas: do 24 ata o 30 de setembro de

2023 nas oficinas do Concello de Vigo.

Comezo do vindeiro curso: 1 de outubro de 2026.

*Nota importante. As persoas admitidas nas Aulas Abertas deberán ter instrumento propio e posuir un dominio básico demostrable da técnica do instrumento.



19 xuño 2026

ABERTOS PERIODOS DE MATRÍCULA PARA ALUMNADO E PREINSCRICIÓN PARA NOVO ALUMNADO E AULAS ABERTAS DESDE O LUNS 22 DE XUÑO.

      



                                                     ETRADVIGO. CURSO 2026-2027.


ABERTOS PERIODOS DE MATRÍCULA PARA ALUMNADO E PREINSCRICIÓN PARA NOVO ALUMNADO E AULAS ABERTAS DESDE O LUNS 22 DE XUÑO.


DE 4 A 7 ANOS

MÚSICA E MOVEMENTO


DENDE OS 8 ANOS

ARPA CÉLTICA, ACORDEÓN DIATÓNICO, CANTO POPULAR, CORDA PULSADA (GUITARRA E BUZUQUI), GAITA, PERCUSIÓN TRADICIONAL, REQUINTA, VIOLÍN FOLK, ZANFONA.


AULAS ABERTAS

ARPA CÉLTICA, ACORDEÓN DIATÓNICO, PANDERETEIRAS, CORO, CANTARES DE TROULA, CORDA PULSADA E REQUINTA, BANDA DE GAITAS E PERCUSIÓN, CORDA FROTADA, ZANFONA.



MATRÍCULA E PREINSCRICIÓN CURSO 2026-2027


ALUMNADO DE CURSOS ANTERIORES QUE PASAN A:*


  • (1º no caso das especialidades con curso de iniciación ao instrumento CII) 
  • 2º e 3º do Itinerario Básico 
  • 2º e 3º do Itinerario Medio
  • 2º e Curso de Especialización Escénica  (Itinerario Avanzado)


*NON HAI RESERVA DE PRAZA, TERÁN QUE MATRICULARSE DIRECTAMENTE.


PRAZO DE MATRÍCULA: DO 22 DE XUÑO AO 03 DE XULLO DE 2026


Precisarase efectuar o pago da matrícula a través de www.emmavigo.org e logo formalizar a matrícula (téñase en conta que no caso de baixa na escola, o importe da matrícula non é reembolsable).


PAGO DA MATRÍCULA

Unha vez na pasarela de pagos, será preciso introducir os datos persoais (nome e apelidos + dni) e sinalar o ciclo:

- Ciclo Básico: todo o alumnado de Nivel Básico

- Ciclo Medio: todo o alumnado de Nivel Medio + alumnado de 1º e 2º curso do Nivel Avanzado

- Ciclo Medio-Avanzado: o alumnado do Curso de Especialización Escénica (Avanzado 3)    


FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

PRAZO: DO 22 DE XUÑO AO 03 DE XULLO DE 2026

PRESENCIAL

Para a formalización da matrícula, deberán presentar o xustificante de pago da mesma ou ben copia da presentación da solicitude de exención de taxas, en modelo normalizado e o impreso de matrícula debidamente cumprimentado, que pode solicitarse na secretaría ou descargarse da páxina web.


  • Solicitude de exención de taxas: Do 22 de xuño ao 03 de xullo de 2026 nas oficinas do Concello.


  • Horario de atención ao público de 11:00 h. a 14:00 h. de luns a venres (agosto pechado). Durante o mes de xuño atenderemos tamén pola tarde, en horario de 16 a 20 hrs.


 

ALUMNADO DE NOVO INGRESO e AULAS ABERTAS:

PREINSCRICIÓN:

  • On line: www.emmavigo.org do 22 de xuño ao 4 de setembro de 2026. Impresos e toda a info sobre o curso en: www.etradvigo.com
  • Presencial (na secretaría da ETRAD): do 22 de xuño ao 31 de xullo e do 1 ao 4 de setembro de 2026.
  • Horario de atención ao público: de 11:00 h. a 14:00 h. de luns a venres (agosto pechado). En xuño tamén atenderemos pola tarde, en horario de 16 a 20 hrs.

• Publicación de listaxes de solicitantes: 09 de setembro

• Sorteo: 15 de setembro

• Probas para o Itinerario Medio: do 15 ao 18 de setembro

• Publicación de listaxes de admitidos: 23 de setembro.

• Matrícula: do 24 ao 30 de setembro.

• Solicitude de exención de taxas: do 24 ata o 30 de setembro de

2023 nas oficinas do Concello de Vigo.

  • Comezo do vindeiro curso: 1 de outubro de 2026.

1ª ROMARÍA DA ETRAD NO PARQUE FORESTAL DO MONTE VIXIADOR. SÁBADO 27 DE XUÑO, A PARTIR DAS 12:00 HORAS.

 



1ª Romaría da ETRAD no Parque Forestal do Monte Vixiador

A ETRAD celebrará o vindeiro sábado 27 de xuño, a partir das 12:00 horas, a súa 1ª Romaría da ETRAD, unha xornada de convivencia dirixida a toda a comunidade educativa da escola para celebrar o remate do curso académico nun ambiente festivo e participativo.

O encontro terá lugar no Parque Forestal do Monte Vixiador e pretende converterse nun espazo para compartir música, experiencias e momentos de lecer entre alumnado, profesorado, familias e demais persoas vinculadas á ETRAD.

Co espírito das romarías tradicionais, anímase ás persoas asistentes a traer os seus instrumentos musicais, algo de comida para compartir e, sobre todo, ganas de cantar, bailar e desfrutar dunha xornada de convivencia arredor da música tradicional.

Esta iniciativa nace coa vontade de reforzar os vínculos da comunidade educativa e de celebrar colectivamente o traballo realizado ao longo do curso, nun entorno natural privilexiado e acorde cos valores de participación, cultura e transmisión do patrimonio musical que promove a escola.

Desde a ETRAD convidamos a toda a comunidade educativa a sumarse a esta celebración e a facer desta primeira edición unha cita especial para todas e todos.

Data: Sábado, 27 de xuño
Hora: A partir das 12:00 h
Lugar: Parque Forestal do Monte Vixiador

Agardámosvos!!!

TRAZA PECHA A SÚA XIRA DE CONCERTOS NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VIGO. VENRES 26 XUÑO. 19:00 H.


 TRAZA pecha a súa xira de concertos no Auditorio Municipal de Vigo

O grupo TRAZA, formado por alumnado de segundo curso do Itinerario Avanzado da ETRAD, celebra a fin da súa xira de concertos coa actuación que ofrecerá para a comunidade educativa da ETRAD e para a cidadanía viguesa o vindeiro venres 26 de xuño, ás 19:00 h, no Auditorio Municipal de Vigo, con entrada libre e de balde.

TRAZA está integrado por:

Uxía Fernández — Voz e percusión
Xacobe López — Zanfona
Alba Domínguez Blanco — Requinta
Daniel Fernández Román — Guitarra acústica


Sobre TRAZA

TRAZA nace no 2026 en Vigo no seo da Escola Municipal de Música Tradicional e Folk ETRAD. O grupo xorde da confluencia de catro traxectorias singulares unidas por unha mesma convicción: a música tradicional galega non é un arquivo, senón un organismo vivo.

Formados na ETRAD, os seus integrantes incorporan a herdanza da tradición oral sen renunciar á exploración harmónica nin ao risco estético. O seu son gravita en torno á música modal, e os seus arranxos foxen do folklore de escaparate: constrúen texturas musicais onde a voz e a frauta dialogan co constante zoar do bordón da zanfona, mentres a guitarra acústica tece o ritmo harmónico.

Inspirados polo legado recollido nos arquivos e cancioneiros, o grupo pretende reactualizar a tradición conforme influencias que van desde o folk galego (Berrogüetto, Lizgairo, Os Cempés ou Tanxedoras) até a música folk e de raíz doutras latitudes (Lankum, Billy Strings, Doc Watson, John Doyle), pasando así mesmo por outras manifestacións como a música posmoderna e a experimentación contemporánea.

17 xuño 2026

AUDICIÓN DE FIN DE CURSO 2025-2026. Auditorio Municipal de Vigo. Martes 23 de xuño. 18:00 h. Entrada libre e de balde ata completar capacidade.

 



Na ETRAD despedimos o curso 2025-2026 cun dos momentos máis especiais do ano: a nosa tradicional Audición de Fin de Curso, que terá lugar o vindeiro martes 23 de xuño, ás 18:00 horas, no Auditorio Municipal de Vigo.

Será unha celebración da música, da aprendizaxe e do traballo compartido ao longo destes meses. O alumnado das especialidades de Arpa Céltica, Acordeón Diatónico, Canto Popular, Corda Pulsada, Gaita, Percusión Tradicional, Requinta, Violín Folk e Zanfona, xunto coas aulas de Música e Movemento, os Conxuntos Instrumentais e as Aulas Abertas, compartirán co público unha mostra do repertorio e das experiencias musicais desenvolvidas durante o curso.

A audición reunirá no escenario a centos de alumnas e alumnos de todas as idades, protagonistas dun proxecto educativo que medra cada ano arredor da música tradicional galega e da música folk.

Convidámosvos a acompañarnos nesta gran festa de fin de curso, unha oportunidade para celebrar o esforzo, a ilusión e o talento da comunidade educativa da ETRAD.

AUDICIÓN DE FIN DE CURSO 2025-2026
📍 Auditorio Municipal de Vigo
📅 Martes 23 de xuño
🕕 18:00 h
🎟️ Entrada libre e de balde ata completar aforamento

Concertos de Fin de Estudos da ETRAD. Uxía Fereste (Canto Popular) Rubén Fernández (Gaita). Xoves 25 de xuño. Auditorio Municipal do Concello de Vigo. 19:00 h. Entrada libre ata completar capacidade

 

O vindeiro xoves 25 de xuño, a ETRAD continúa o ciclo de Concertos de Fin de Estudos con dúas propostas que amosan o talento, a personalidade artística e o percorrido formativo do seu alumnado.

Nesta ocasión subirán ao escenario Uxía Fereste (Canto Popular) e Rubén Fernández (Gaita), dous músicos cunha destacada traxectoria dentro e fóra da escola. Uxía Fereste chega a este concerto tras a súa participación en proxectos como a Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu, Síncopes e Fillas de Casandra. Pola súa banda, Rubén Fernández desenvolveu o seu traballo artístico en formacións como a OFG SonDeSeu e o grupo Arrorró.

Os Concertos de Fin de Estudos constitúen unha oportunidade única para coñecer as
propostas musicais creadas expresamente para esta ocasión, nas que o alumnado comparte co público o resultado dun intenso proceso de aprendizaxe, investigación e creación.

CONCERTOS DE FIN DE ESTUDOS

Uxía Fereste (Canto Popular)
Rubén Fernández (Gaita)

📅 Xoves 25 de xuño
📍 Auditorio Municipal do Concello de Vigo
🕖 19:00 h
🎟 Entrada libre ata completar capacidade

11 xuño 2026

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NA ETRAD. XOVES 18 DE XUÑO. 18:00HS.

 

Xornada de Portas Abertas na ETRAD. Xoves 18 de xuño. 18:00hs.


A Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo (ETRAD) abre as súas portas para que nenos, nenas, mozos, mozas e persoas de todas as idades, xunto coas súas familias, poidan descubrir de primeira man a súa oferta educativa e achegarse ao mundo da música tradicional galega.

Esta xornada é unha oportunidade única para coñecer os instrumentos, conversar co profesorado e probar diferentes disciplinas musicais nun ambiente próximo, participativo e totalmente gratuíto.

Oferta educativa:

De 4 a 7 anos
Música e movemento


A partir de 8 anos
Arpa céltica
Acordeón diatónico
Canto popular
Corda pulsada (guitarra e bouzouki)
Gaita
Percusión tradicional
Requinta
Violín folk
Zanfona


Información da xornada
Lugar: Auditorio Milladoiro da ETRAD

Data: 18 de xuño de 2025

Horarios

18:00 h: Recepción das persoas asistentes e mostra dos instrumentos por parte do profesorado.
18:30 h – 20:00 h: Proba libre de instrumentos nas aulas co acompañamento do profesorado.


Se sempre quixeches aprender música tradicional, este é o momento perfecto para dar o primeiro paso. Agardámoste para compartir unha tarde chea de música, descubrimento e tradición.

10 xuño 2026

CONCERTO DE FIN DE ESTUDOS CLAUDIA ABRIL (CANTO POPULAR) MÉRCORES 17 XUÑO 19:00H. AUDITORIO MILLADOIRO. ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORAMENTO. ETRADVIGO 2025-2026

O vindeiro mércores 17 de xuño Claudia Abril (Canto Popular) ofreceranos o seu concerto de fin de estudos no Auditorio Milladoiro da ETRAD a partir das 19:00h. Claudia vén de gañar o Premio Martín Códax coa súa formación "Abril" que partilla con Marina Carpente, na categoria de Música Folk.

Non deixedes pasar a ocasión de escoitala neste concerto único preparado para a ocasión.

CONCERTO DE FIN DE ESTUDOS.

CLAUDIA ABRIL (CANTO POPULAR).

AUDITORIO MILLADOIRO.

MÉRCORES 17 XUÑO.

19:00H.

ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR CAPACIDADE.

ETRADVIGO 2025-2026.

04 xuño 2026

BAILE DAS ANDURIÑAS. Patio da Escola. Venres 12 de xuño. De 17 a 19 hs. Entrada libre e de balde ata completar aforamento. EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2025-26

 


O venres 12 de xuño celebramos unha nova edición do Baile das Anduriñas na escola. Teremos un palco aberto onde alumn@s e/ou músicos de fora da escola poderedes subir a tocar coa única premisa de que as pezas a interpretar sexan bailables (dá igual a procedencia: muiñeiras, xotas, xigas, reels, scottish, branles, bourrés, ...)para que o resto d@s asistentes bailen. Contaremos coa colaboración da A.C Monteira con Suso Cancelas á fronte. Os grupos musicais que queran participar teñen que comunicarllo previamente ax mestrx da túa especialidade e na oficina se vés de fóra .

Elixe parella (ou non) e salta ao torreiro!!!

Baile das anduriñas

Patio da Escola

Venres 12 de xuño

De 17 a 19 hs.

Entrada libre e de balde ata completar aforamento.

EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2025-26

EXTRAESCOLARES ETRAD 2025-26. AUDICIÓN AULA DE VIOLÍN. HEMEROTECA DA EMAO. VENRES 12/XUÑO. 16:OOH. ENTRADA LIBRE E DE BALDE ATA COMPLETAR AFORAMENTO.

 

O vindeiro venres 12 de xuño, a Aula de Violín da ETRAD co seu mestre, Alfonso Franco á fronte, celebra unha audición na Hemeroteca da EMAO desde as 16:00h. Non deixedes pasar a oportunidade de ver e de escoitar as músicas aprendidas polos estudantes desta especialidade ao longo deste curso.

EXTRAESCOLARES ETRAD 2025-26. 

AUDICIÓN AULA DE VIOLÍN. 

HEMEROTECA DA EMAO.  

VENRES 12/XUÑO. 

16:OOH.

ENTRADA LIBRE E DE BALDE ATA COMPLETAR AFORAMENTO.

01 xuño 2026

EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2025-26. AUDICIÓN DA AULA DE ZANFONA. MARTES 02 / XUÑO. AUDITORIO MILLADOIRO. 19:30HS. ENTRADA LIBRE E DE BALDE ATA COMPLETAR AFORAMENTO

 


O vindeiro martes 02 de xuño, o alumnado da Aula de Zanfona da ETRAD ofreceranos unha audición no Auditorio Milladoiro dende as 19:30hs. para a que elixiron un repertorio centrado na nosa música tradicional con alguna pequena incursión nos repertorio europeos e do pasado barroco e renacentista do instrumento. Estades todxs convidadxs!


EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2025-26.

AUDICIÓN DA AULA DE ZANFONA. 

MARTES 02 / XUÑO. 

AUDITORIO MILLADOIRO. 

19:30HS.

ENTRADA LIBRE E DE BALDE

ATA COMPLETAR AFORAMENTO

29 abril 2026

EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2025-2026. Musicalización de cine mudo. Alfonso Franco. 08/ 22/ 29/MAIO de 2026 AULA 5. De 16:00h: a 19:00h.



A ETRADVIGO presenta un novo curso:

Musicalización de cine mudo impartido polo mestre, Alfonso Franco.

Musicalizar unha película de cine mudo non só supón a mera interpretación de unha serie de obras musicais. Os intérpretes teñen que saber escoller melodías axeitadas ao clima de cada escena, pero tamén acompañar con todos os recursos do seu instrumento as accións dos actores en cada plano, rescatándoos do escravizante silencio do cine dos anos 20.

Aprenderemos os recursos básicos á hora de musicalizar películas de cine mudo traballando sobre un fragmento da película, “Rosiña flor de Galicia” de 1926,  poñendo en práctica distintos recursos musicais dende a base da súa capacidade para crear emocións.

Imprescindible que o alumnado aporte o seu instrumento.  

 

EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2025-2026.

Musicalización de cine mudo.

Alfonso Franco.

08/ 22/ 29/MAIO de 2026

AULA 5.

De 16:00h: a 19:00h.

Prezo: 28,15 EUR

Gratuíto para o alumnado matriculado nos itinerarios medio e avanzado da ETRAD

 

08 abril 2026

EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2025-26. CURSO DE INICIACIÓN Á HARMÓNICA. ALEJANDRO BALBUENA. VENRES 10/17/24 ABRIL 2026.

 Aprácenos presentarvos un novo curso de ampliación de estudos: Monográfico de iniciación a harmónica aplicado á música tradicional galega. Técnicas básicas para aprender distintos acompañamentos e melodías. Imprescindible aportar instrumento (harmónica diatónica estilo "blues" de 10 furados afinada en Dó maior (C).) 

EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2025-26

Curso de Iniciación á Harmónica.

Alejandro Balbuena.

AULA 5. DE 16:00 A 19:00 HS

Venres 10/17/24 Abril 2026.

Inscrición universal na secretaría da escola ata o 10 de abril.

Gratuíto para o alumnado dos itinerarios Medio e Avanzado.

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego