17 abril 2009

Acordo de colaboración entre a e-Trad e a Universidade de Vigo para a creación de modelos dixitais dos instrumentos tradicionais


O departamento de sinais da Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo e a e-Trad veñen colaborando para incorporar os modelos dixitais de irradiación sonora das harpas, as zanfonas e as gaitas para a súa inclusión nos programas de simulación acústica de salas.
Esta semana, Cristina lópez e Mirta Fernández, alumnas  do citado departamento, estiveron realizando medicións dos instrumentos con músicos voluntarios da asignatura de práctica orquestral nas instalacións da e-Trad.
O traballo trasladarase a partir de agora á sala anecoica da Escola de Telecomunicacións.
O proxecto conta coa supervisión de Antón Pena e Marisol Torres, profesores da Universidade de Vigo.
Un dos resultados prácticos do estudio será o de simular dixitalmente a mellor disposición dos instrumentos da Orquestra Folk SonDeSeu co obxecto de levar a cabo concertos exclusivamente acústicos da citada formación. 


Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego