19 maio 2009

Vikas Tripathi evocou a música de Benarés no ciclo "As Músicas Inmigradas ´09"


O excelente tocador de táboa Vikas Tripathi levou á e-Trad o venres dia 15 de Maio, o son e a historia dunha música con máis de catro mil anos de antigüedade. Asemade puidemos escoitar como o tempo para formarse como músico abrangueu vinte anos da súa vida. Isto dános unha pista sobre a complexidade do sistema musical indio. Música e espiritualidade forman un todo que esixen do músico unha vocación para a que non todas as persoas están preparadas.
Logo da exposición e o concerto de Vikas, os alumnos da e-Trad compartiron escenario con el, fusionando melodías tradicionais galegas co son da táboa india. Ao final da tarde puidemos degustar a boa man de Vikas para a cociña Benaresí con dous especiados pratos vexetarianos.
O vindeiro venres 22 a partires das 18h o violinista polaco Piotr Grudzienp, ofrecerános un percorrido sonoro pola música elaborada no seu pais de orixe. Con este concerto rematará o 1º Ciclo "As Músicas Inmigradas ´09" organizado pola e-Trad.
Non volo perdades!

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego