25 xuño 2009

Conclue a primeira fase de medición acústica de instrumentos tradicionais elaborada pola universidade de Vigo en colaboración coa e-Trad


Tralas medicións feitas aos instrumentos tradicionais hai uns meses na e-Trad e agora na sala anecoica da Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, o equipo de investigadoras formado polas alumnas Cristina López e Mirta Fernández, baixo a supervisión dos profesores da Universidade de Vigo Antón Pena e Marisol Torres, comezará en breve a segunda fase do traballo: o postprocesado dos datos obtidos nas sesións de gravación dos instrumentos.
Da gaita, zanfona e harpa graváronse a gama e un fragmento melódico rexistrado cada 10 graos de separación ata completar os 360º da circunferencia. O son foi recollido con 5 micrófonos situados a diferente altura en dúas sesións.
Lorena Lusquiños, Xose Sanromán e Anxo Pintos foron os músicos voluntarios da asignatura de Práctica Orquestral da e-Trad encargados de facer soar uns instrumentos que, coa información obtida e procesada, permitirá entre outras finalidades, elaborar unha simulación virtual da mellor disposición da nosa orquestra de música folk e tradicional


Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego