29 xaneiro 2010

Extraescolares e-Trad. Finaliza o Obradoiro de Romances e Cantos de Cego


O 29 de Xaneiro finalizou o Obradoiro de Romances e Cantos de Cego, impartido polos mestres da e-Trad: Alfonso Franco e Anxo Pintos.  Durante tres venres consecutivos o cursiño congregou a 16 músicos arredor da aprendizaxe de coplas, acompañándose con zanfona ou violín. Florencio ou Santalices foron evocados nos  cantos e romances de variada temática, traballándoos directamente das súas gravacións. Ao final o seu espíritu flotaba nas  verbas arestadas e retranqueiras das letras sobre un fondo de melodías concisas e reiterativas.  Velaí o ambiente perfeito para mergullarse nas historias, ás veces arrepiantes, coas que os cegos engaiolaban ao seu público natural.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego