31 maio 2011

Divulgativos e-Trad. O ciclo "Tocar é sentir" visitou o Colexio Alba.

O martes 31 de Maio a e-Trad visitou o Colexio Alba dentro do ciclo divulgativo "Tocar é Sentir", organizado pola Concellería de Educación do Concello de Vigo. Foi a última das 24 visitas realizadas no presente ano escolar aos centros educativos da bisbarra viguesa e da que se beneficiaron máis de 1300 escolares entre alumnos de primaria e secundaria.

Logo do entusiasmo percibido, agardamos  que neles prendera a mecha do gusto pola música tradicional e folk e velos pola escola nalgunha das 9 especialidades instrumentais que nela se imparten.
Queremos agradecer a boa acollida deste ciclo pola comunidade educativa da cidade e esperamos repetir este ciclo "Tocar é Sentir" o vindeiro ano académico.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego