04 setembro 2011

A e-Trad e a Orquestra Folk de Galicia "SondeSeu" ao ENFO Meeting de Helsinki. 5-9 de Setembro.

A e-Trad e a Orquestra Folk de Galicia "SondeSeu" viaxan a Finlandia para participar no encontro da Rede Europea de Orquestras Folk (ENFO) en Helsinki, organizado polo socio anfitrión: a Academia Sibelius. Do día 5 ao 9 de setembro, participarán nos diferentes workshops, reunións de traballo e concertos que farán deste encontro  unha oportunidade única de achegarse, coñecer e convivir estudiando, escoitando e facendo música verbo das culturas finesa, italiana, escocesa e galega, tanto para os músicos como para o público en xeral.

O encontro reunirá a máis de 100 mestres, músicos e alumnos da e-Trad, Sibelius Academy, Royal Conservatoire of Scotland,  OFG SondeSeu e Tradalp Orchestra.

O 7 de setembro as orquestras darán un concerto no recén inaugurado Music Centre de Helsinki, a nova sé da Academia Sibelius. Por primeira vez todos os músicos das orquestras tocarán xuntos unha suite, incluíndo temas de cada unha das tradicións musicais representadas.

En marzo, as orquestras Tradalp, a orquestra da Academia Sibelius e mestres do RCS, viaxarán a Vigo, a cidade que lidera esta iniciativa, completando este 1º ciclo de encontros e de intercambio da ENFO, do que vos manteremos puntualmente informados.

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego