12 decembro 2011

CURSIÑO DE ACORDEÓN E VIOLÍN



O pasado Sábado 10 tivo lugar o obradoiro de Violín e Acordeón impartido por Diego Galaz e Jorge Arribas.
Nel participaron tanto alumnos dos primeiros cursos como ex-alumnos e mesmo mestres que non quixeron perder a oportunidade de recibir os sabios consellos destes dous grandísimos músicos, quen unha vez rematado o curso, ofreceron un inesquecible concerto no que puidemos escoitar instrumentos tan pouco habituais coma o phonoviolín ou o violín trompeta. Tanto o mestre de Violín da e-trad, Alfonso Franco, coma o de acordeón, Carlos Quintá, expresaron a súa satisfacción pola boa acollida que esta actividade tivo entre os alumnos noveles, moitos dos cales asistían por vez primeira a un cursiño destas características. 

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego