19 marzo 2012

Audicións de primavera.

Durante dous venres consecutivos: 24 e 30 de marzo os alumnos das especialidades instrumentais, Aulas Abertas, Coro, Polifonías e Banda de Gaitas, pasaran polo escenario do salón de actos da escola.
O venres 24 farano os alumnos de: Canto, Violín, Corda Pulsada e Requinta. A audición rematará coa intervención de dous escepcionais artistas: o bailador  Nic Gareiss (EUA) e mailo violinista inglés Scott Harley. Ámbolos dous estarán en Galicia dando un cursiño o sábado día 25 en Xustáns (+info). Este curso está recomendado pola ETRAD.
Non deixedes de vir os dous venres a disfrutar da música tradicional e folk tocada polos verdadeiros protagonistas da escola. Agardámosvos.

Venres 24 de Marzo
Salón de Actos da ETRAD
18:30hs.
Entrada libre e de balde ata completar aforo

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego