04 xuño 2012

NOVAS ETRAD. Especial ENFO no último número da revista Sons da Galiza

A revista Sons da Galiza, editada polo fotógrafo Óscar Martínez Rodríguez, ven de sacar un novo número no que aparece destacado o último encontro da Rede Europea de Orquestras Folk (ENFO) na cidade de Vigo. Nel poderedes enterarvos de todos os pormenores e do  traballo desta rede durante os tres anos de funcionamento da mesma e, en especial, do acontecido no encontro olívico que contou co patrocinio do Concello de Vigo. Este encontro, tivo no seu concerto final, un excepcional remate con máis de 120 músicos en escea e un auditorio "Mar de Vigo" ateigado polos 1400 asistentes que puideron disfrutar dos sons das músicas tradicionais europeas do Piamonte, de Finlandia e Galicia, da man da Orquestra TradAlp, da Sibelius Academy Big Band e da OFG SonDeSeu. preme no enlace para ollala: Sons da Galiza

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego