19 febreiro 2013

ALBORADA DE ROSALÍA. DOMINGO 24. PRAZA DA CONSTITUCIÓN. 12:00HS




O vindeiro domingo 24 de febreiro (Día de Rosalía e 176 aniversario do seu nacemento), celebraremos a “Alborada para Rosalía”, un acto promovido pola Fundación Rosalía, a Real Academia Galega, a Universidade de Vigo e a Asociación de Gaiteiros Galegos.
Dende a ETRAD animamos a todos os que o desexedes a tocar a Alborada de Rosalía de Castro na PRAZA DA CONSTITUCIÓN ÁS 12:00 hs o vindeiro domingo 24 de febreiro... para dar unha alborada de gloria en honra á poeta padronesa na nosa cidade. Haberá que estar un pouco antes para quentar o instrumento.
 Xa podes consultar toda a información sobre a Alborada para Rosalía:
Que todos saiban que hoxe a gaita galega non chora, que canta...
O venres 22 de 19:00 h. a 21:00 h. haberá un ensaio no Auditorio da ETRAD para os que vaiades a participar.
Aquí abaixo tedes o link para escoitala
A partitura, video coa frauta e estrutura da Alborada están nos blogs da Aula de Gaita, Aula de Percusión e Banda de Gaitas.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego