25 febreiro 2013

Exposición ARTEfacto: dinamitando prexuizos dende a integración

CampUSCulturae, o proxecto de integración e cultura da Universidad de Santiago de Compostela, inaugurou o día 7 de febreiro a exposición ARTEfactos no Colexio de Fonseca da USC, un espazo adicado ó arte e a discapacidade no que participa a Fundación Menela.

Baixo o lema "Dinamitando prexuizos dende a integración", a exposición pretende ser un espazo para a crítica, o cambio e a rebeldía a través de diferentes expresións artísticas. Nela participan a Fundación Menela, a Rede Museística Provincial de Lugo, a Asociación Diversos de A Coruña, o Museo de Bellas Artes de Murcia e a Unidade de Demencias do Hospital Universitario "Virgen de la Arrixaca" tamén de Murcia.

Será a Orquestra Castro Navás, composta por usuari@s da residencia para adultos con autismo e psicose que leva o mesmo nome; pertencente á Fundación Menela e na que colabora a ETRAD, a encargada de clausurar a exposición o xoves 28 ás 18h no mesmo espazo.

Estades tod@s convidad@s!


Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego